A Deputación da Coruña, dentro da súa programación deportiva para o ano 2024, pon en marcha os campamentos deportivos deste verán, estes campamentos están destinados a 500 nenos/as empadroados/as nos concellos da provincia da Coruña, nacidos entre o 1 de xaneiro do 2010 e o 31 de decembro de 2015.
O Auditorio Gustav Mahler do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo acolleu esta mañá ‘A máquina das emocións’, un concerto didáctico por parte do profesorado para as nenas e nenos dos centros CEIP Plurilingüe Sofía Casanova, CEIP Isaac Díaz Pardo, CEIP Plurilingüe Ría do Burgo e CEIP Plurilingüe Vila de Rutis, enmarcado no programa EducaCulleredo. Participaron un total de 294 nenas e nenos dos dous primeiros cursos de Educación Primaria.
O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, porá en marcha proximamente a segunda edición de ‘Culleredo, de cine’ de novo co director Hugh McGinley. O programa pretende consolidar a ferramenta da curtametraxe nos colexios, centrándose nos adolescentes e preadolescentes do século XXI. Serán 5 as pezas que elaboren, que serán presentadas novamente na Cullerciencia 2024, con data de celebración o 8 de xuño.
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, así como persoal técnico do Concello, reuníronse esta mañá coa subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; o xefe da Demarcación de Costas do Estado, Carlos Gil; persoal técnico da Demarcación de Costas e técnicos da empresa adxudicataria dos traballos para acordar que pasos hai que dar para a perfecta adecuación do Paseo Marítimo.
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, mantivo hoxe un encontro co delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, para abordar diversas cuestións de interese para o municipio. Na reunión tamén participaron a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e a primeira tenente de alcalde, Cristina Pardo.
O Concello de Culleredo aprobou hoxe no pleno ordinario os pregos para a contratación do servizo de limpeza de edificios. A nova prestación supoñerá un notable incremento no persoal e no tipo e frecuencia dos traballos para lograr uns resultados da maior calidade posible. O servizo abarcará a todas as dependencias municipais.
Culleredo converterase novamente esta fin de semana na capital do balonmán galego coa desputa da final four infantil masculina e feminina no pavillón de Tarrío o sábado 27 de abril e o domingo 28 de abril.
O Concello dá continuidade ao programa de formación en arbitraxe para a mocidade co colexiado Diego Seoane, que pita en Preferente a nivel autonómico.
Este venres, a partir das 20:30 horas, chega Redrum Teatro a Culleredo, concretamente ao Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples, coa súa obra ‘O pequeno poni’. Esta actividade pertence ao catálogo da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
O Concello de Culleredo vén de rematar os traballos de mellora da accesibilidade do edificio que alberga o centro cívico social de Orro. O obxectivo consistiu en incrementar as prestacións dunha dependencia moi empregada por parte dos veciños da parroquia no seu día a día.
O Concello de Culleredo saca a licitación por 203.346 euros os programas de conciliación para os períodos vacacionais de verán, Nadal, e Semana Santa 2025. Trátase de servizos de actividades lúdico-pedagóxicas para menores de 3 a 12 anos; así como os complementos de almorzo, en horario de 7:30 a 9:00 horas e a comida, en horario de 14:00 a 16:00 horas.
O Concello de Culleredo continúa hoxe, e tras estrealo hai unha semana, unha nova edición dun dos seus programas para nenas e nenos do municipio que máis éxito tivo nos últimos anos: o ‘Cullerchef’, un taller de cociña saudable para menores de 6 a 12 anos.
Os vindeiros 24 e 25 de abril poderás coñecer a ETAP (Estabilización de Tratamento de Auga Potable) da Telva, en horario de 12:00 a 13:30 horas.
O Concello de Culleredo retomou onte a formación ornitolóxica ‘Por que voan as aves?’, dentro do programa EducaCulleredo, para os escolares dos CEIP Ría do Burgo, Vila de Rutis e Sofía Casanova.
O Concello de Culleredo convoca os campamentos urbanos de verán 2024 para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións. O 10 de abril ábrese o período de preinscrición.
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, xunto coa primeira tenente de alcalde e concelleira de Educación e Deportes, Cristina Pardo, recoñeceron esta tarde o mérito ao alumno do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo Daniel Sánchez Seijo, que se proclamou vencedor do Concurso Francisco Calleja en marzo en Logroño. Na súa categoría, de 13 a 15 anos, tamén se proclamou vencedor da 12ª edición do Concurso de Interpretación Musical José Luis Lopátegui celebrado en Barcelona o pasado novembro.
O Concello de Culleredo participará na VII Edición do Ciclo Metropolitano pola Igualdade nas Artes e a Música ‘Elas son artistas’ da man de Isabel Risco, que presentará ‘Nabiza Girl’ o 27 de setembro no Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples.
O Concello de Culleredo retoma un dos seus programas para nenas e nenos do municipio que máis éxito tivo nos últimos anos: o Cullerchef, un taller de cociña saudable para menores de 6 a 12 anos.
O Concello de Culleredo continúa impulsando programas que favorezan a conciliación familiar e laboral, nesta ocasión coa celebración do Campamento de Primavera que comezou onte no CEIP Vila de Rutis e que ten como elemento central os Xogos Olímpicos.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER