Taboleiro

Formación en principios fundamentais para a asistencia domiciliaria a usuarios/as en situación de dependencia

O Concello de Culleredo, a través da Concellería de Dinamización Social, ten previsto impartir ao longo dos meses de outubro e novembro deste ano unha serie de accións formativas, dirixidas preferentemente aos/ás veciños/as de Culleredo que preferentemente se atopen en situación de desemprego e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Listas definitivas das Escolas Municipais Culturais e Deportivas

Publicación das listas definitivas das Escolas Municipais Culturais e Deportivas tras o sorteo público que se celebrou o venres 15 de setembro.

Selección alumnado para o obradoiro de emprego "Unha ventá ao Porto medieval da Coruña”

Os mozos e mozas interesados en participar na programa promovido polos Concellos da Coruña e Culleredo deben comunicalo na Oficina de Emprego.

Listas provisionais de preinscrición nas Escolas Municipais deportivas e culturais do Concello de Culleredo 2023/2024

Consulta aquí as listas provisionais de preinscrición nas Escolas Municipais culturais e deportivas 2023/2024 do Concello de Culleredo. 

Programa de emprego "Unha ventá ao porto medieval da Coruña"

Este programa de emprego e formación para persoas mozas está incluido no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, qeu se enmarca dentro da iniciativa de Emprego Xuvenil e o Programa Operativo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) Galicia 2021-2027.

Comeza o prazo de preinscrición para a Coral de Adultos do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo

Comeza o prazo de preinscrición para a Coral de Adultos do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo.

Lista de substitución de profesor/a de música do conservatorio do Concello de Culleredo nas especialidades de acordeón/piano, canto, clarinete, composición, frauta, guitarra, percusión, piano, trompeta, saxofón, violín e violonchelo (persoal laboral tempo

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria celebrada en data 15/05/2023, acordou aprobar a convocatoria e as bases da convocatoria de proceso selectivo para a formación dunha lista de substitución de profesor/a de música do conservatorio do Concello de Culleredo nas especialidades de acordeón/piano, canto, clarinete, composición, frauta, guitarra, percusión, piano, trompeta, saxofón, violín e violonchelo (persoal laboral temporal).

O prazo para a presentación das solicitudes será de dez días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP nº 100 de 29 de maio de 2023).

O prazo de corrección de erros e a presentación de reclamacións remata o 17/08/2023.

11/08/2023 Lista provisional de substitución de profesor/a de música do conservatorio do Concello de Culleredo nas especialidades de acordeón/piano, canto, clarinete, composición, frauta, guitarra, percusión, piano, trompeta, saxofón, violín e violonchelo (persoal laboral temporal)

28.08.2023/ 13.20 h. Resolución lista definitiva de admitidos/as e excluidos/as.

08.09.2023/ 12.56 h. Anuncio do Tribunal cualificador. Data realización exame galego, criterios corrección e nomeamento de persoal colaborador.

14.09.2023/17.28 h. Anuncio do Tribunal cualificador da sesión do 8 de setembro. Valoracións das seguintes especialidades: frauta, guitarra, composición, trompeta e violonchelo.

14.09.2023/17.37 h. Anuncio do Tribunal cualificador da sesión do 12 de setembro. Valoración das seguintes especialidades: canto e piano.

18.09.2023/15:00 h Anuncio do Tribunal cualificador da sesión do 18 de setembro. Valoración das seguintes especialidades: percusión e violín.

02.10.223/11.45 h. Resolución aprobación da listaxe de substitucións das especialidades de frauta, guitarra, composición, trompeta e violonchelo.

02.10.2023/15.15 h. Acta núm.4 do tribunal cualificador da sesión do 27 de setembro.

 

 

Convocatoria do pleno de organización do Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo convoca o pleno de organización para o martes 1 de agosto de 2023, ás 10.00 horas. A sesión extraordinaria conta coa seguinte orde do día.

Poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube do Concello de Culleredo.

Convocatoria de solicitude e adxudicación de prazas na Coral de Adultos do Conservatorio

O Concello de Culleredo informa dos prazos para realizar a preinscrición e matrícula no programa municipal da Coral de Adultos do Conservatorio Municipal de Música 2023-2024.

Convocatoria da sesión constitutiva da corporación municipal

O Concello de Culleredo convoca a sesión constitutiva da corporación municipal 2023 - 2027, que se celebrará no Salón de Sesións da Casa do Concello ás 12.00 horas do sábado 17 de xuño de 2023.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina