Obradoiros de contos, contacontos ou biblioxogos conforman a programación da biblioteca municipal para o ms de marzo. As actividades teñen lugar en Villa Melania (Vilaboa).
A asociación cultural Bonsai Coruña e o Concello de Culleredo abren o prazo de inscrición para o curso de coidado de bonsáis que se celebrará na aula de Natureza do Burgo o próximo mes de marzo.
Os pequenos de Culleredo alucinaron esta fin de semana coa versión da música clásica que lles trouxeron 6 compoñentes da Orquestra Sinfónica de Galicia, fundadores do grupo Arcos Iris.
O Concello de Culleredo publica a programación infantil na Biblioteca municipal para o mes de decembro. Contacontos, contos en inglés ou obredoiros conforman a oferta.
Culleredo converteuse onte na capital galega do teatro, coa gala final do I Certame de Teatro Afeccionado do Concello. O goberno local destaca que se trata do único certame destas características, a nivel nacional, da contorna.
O Concello de Culleredo celebra o domingo 30 de novembro a gala final do I Certame de Teatro Afeccionado, que desenvolve este año colaborando coa compañía de teatro El Ruiseñor. O acto será ás 19.00 horas no Conservatorio.
O I Certame Xuvenil de Teatro Afeccionado de Culleredo acolle este mes as representacións das cinco obras finalistas. Os actos teñen lugar os sábados no Conservatorio Municipal de Música, coa entrada gratuíta. O domingo 30 de novembro, ás 19:00 horas, terá lugar a gala final, coa entrega de premios
Culleredo prepárase para a súa tradicional exaltación da castaña. O Magosto Municipal, que organiza o Concello, terá lugar este sábado 8 de novembro no parque de Celas, desde as 18.00 horas, e prevese a degustación de máis de 500 quilos de castañas por un milleiro de persoas.
O Concello de Culleredo ofrece unha ampla programación infantil na Biblioteca de Vilaboa. Contacontos, contos en inglés, obradoiros e biblioxogos conforman a programación.
O Concello de Culleredo instala o xoves, 6 de novembro, unha nova exposición na Aula de Natureza do xardín botánico do Burgo. Trátase de "Aves e natureza na ría do Burgo", unha mostra fotográfica de Luis Andrés García Pérez e de Teresa García Meana.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER